top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Abertas ao uso 141 novas prazas de estacionamento habilitadas polo Sergas na contorna do CHUS

Este novo espazo forma parte das medidas adoptadas polo Sergas para suplir as prazas de estacionamento que se verán afectadas durante a execución das obras do Centro de Protonterapia de Galicia


Ecos da Comarca/Xeral

O Servizo Galego de Saúde vén de rematar os traballos de acondicionamento do novo aparcadoiro provisional no Hospital Clínico Universitario de Santiago, co que suplirá as prazas que se verán afectadas durante a execución das obras do novo Centro de Protonterapia de Galicia. Desde a xornada de onte, poderase estacionar na parcela que vén de ser acondicionada na Travesía da Choupana (fronte á entrada principal do Hospital Gil Casares).


Publicidade

O novo espazo conta con máis de 3.100 cadrados de extensión, dos que 1.700 son útiles, e nos que se emprazará un total de 141 novas prazas para aparcar. Así, mediante a habilitación deste espazo o Sergas facilitará durante os vindeiros meses o estacionamento.


Publicidade

Este aparcadoiro, desde este sábado aberto ao uso xeral, pasará a ser de uso para os profesionais a partir de que se peche o estacionamento para eles onde se levará a cabo a obra do Centro de Protonterapia.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page