Aberta a inscrición en Arzúa para un itinerario formativo presencial dirixido a mulleres
- ecosdacomarca

- 17 sept 2025
- 1 Min. de lectura
Será en outubro e novembro
Ecos da Comarca/Arzúa
A Concellería de Igualdade abre a inscrición para un itinerario formativo presencial dirixido a mulleres desempregadas ou en procura de mellora laboral, que se realizará na Aula CEMIT.

Datas e horario
Martes e xoves, de 10:00 a 13:00 horas
10 sesións (10 días): 14, 16, 21, 23, 28 e 30 de outubro; 4, 6, 11 e 13 de novembro.
Que se vai traballar
Competencias dixitais básicas aplicadas á procura de emprego.
Manipulación de alimentos.
Estratexias para atopar ofertas e candidatarse con garantías.
Entrevista de traballo.
Elaboración e actualización do currículo.
PUBLICIDADE
“Desde a Área de Igualdade ofrecemos este itinerario porque dá respostas concretas ao que nos trasladan moitas veciñas: reforzar as competencias dixitais, obter o certificado de manipulación de alimentos e adestrar a procura de emprego e a entrevista. A estrutura en 10 sesións, entre o 14 de outubro e o 13 de novembro, en horario de mañá, facilita a conciliación. O obxectivo é claro: que cada participante saia con máis opcións reais de acceder a un posto de traballo ou mellorar o que ten”, destaca a concelleira de Igualdade, Lucía López.
PUBLICIDADE
Inscricións e información
981 500 000 (ext. 110)
660 35 58 31 (tel/WhatsApp) Prazas limitadas. Admisión por orde de inscrición.
A Concellería de Igualdade anima ás mulleres interesadas a reservar praza canto antes.








Comentarios