top of page

Aberta a convocatoria de axudas a deportistas federados/as do Concello de Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Aberto tamén para solicitar as axudas a estudantes universitarios e de ciclos e de material escolar


Laura Moure/Silleda

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra vén de publicar a convocatoria das Subvencións a Deportistas Individuais Federados/as do Concello de Silleda para a tempada 2023/2024. As axudas están destinadas á práctica deportiva de xeito individual ou por parellas, cunha dotación económica de 3.000 euros.


Poderán optar deportistas federados/as que estean empadroadas no concello de Silleda

con anterioridade á aprobación das bases, que conten ca licencia vixente expedida pola correspondente federación e que participen en competicións oficiais a nivel autonómico e nacional. As bases foron publicadas no BOP do 12 de abril.

As persoas aspirantes deberán de presentar entre outra documentación un proxecto deportivo para a vindeira tempada, no anexo que acompaña ás bases, publicadas no BOP o pasado. Os criterios para a concesión rexeranse polos certificados da correspondente federación, valorando o nivel de competición, historial deportivo, convocatorias con seleccións, categoría dos deportistas (primando as previas á absoluta) e puntuarán tamén as licenzas femininas e de deporte adaptado.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Máximo de 1.000 euros

O importe máximo por cada axuda será de 1.000 euros. Serán gastos subvencionables a adquisición de material deportivo, gastos de desprazamento para participar en competicións, pago de adestradores… e os relacionados ca práctica deportiva.A comisión de valoración das axudas elaborará un informe por cada unha das solicitudes presentadas, elevando as propostas á Xunta de Goberno Local. O prazo para solicitar estas axudas remata o vindeiro día 30 de setembro.


“Con estas bases, que se elaboran por segunda vez no Concello de Silleda, buscamos apoiar ás persoas deportistas que a nivel individual están competindo en circuítos oficiais a nivel tanto galego coma nacional”, indica o alcalde, Manuel Cuiña. Toda a información e formularios están na web municipal.


Por outra banda, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra vén tamén de publicar a convocatoria das becas municipais para estudantes universitarios e de ciclos de formación profesional durante este curso, así como as bases das axudas complementarias para material escolar de familias que precisan dunha especial protección.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No caso das axudas a estudantes universitarios e de ciclos FP, o importe máximo da subvención por beneficiario/a será de 450 euros, para o curso 2023/2024. Poderán optar a estas axudas persoas residentes e empadroadas no municipio de Silleda (alomenos un ano antes da publicación das bases), e que cursen os referidos estudos universitarios e ciclos formativos. Así mesmo, a renda per cápita familiar debe de ser igual ou inferior a 6.000 euros. Ao igual que aconteceu xa nos últimos anos, as axudas serán con ingreso

directo na conta bancaria dos beneficiarios. O prazo para solicitar estas axudas remata o vindeiro día 6 de outubro.


Axudas para libros e material escolar

Tamén se publicou no BOP a convocatoria das axudas complementarias para libros de texto e material escolar, que están destinadas a familias que precisan dunha protección especial ou ben teñen a todos os seus membros en situación de desemprego. O prazo é de 15 días naturais contados a partir de hoxe polo que remataría neste caso o 30 de

setembro.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page