Abel Losada recoñece a Lácteos Anzuxao como exemplo da calidade da industria alimentaria de Pontevedra
- Laura Moure
- 10 abr 2024
- 2 Min. de lectura
O subdelegado visita as instalacións da empresa familiar lalinense, que recibiu o premio Alimentos de España 2023 do Ministerio de Agricultura ao mellor queixo madurado de vaca
Laura Moure/Lalín
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, visitou este martes as instalacións da queixería lalinense, Lácteos Anzuxao, situadas na parroquia de Madriñán, para recoñecer e poñer en valor o traballo e o bo facer dunha empresa que recibiu o premio Alimentos de España do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación 2023 na modalidade ao mellor queixo madurado de vaca polo seu queixo D.O.P Teto.

O subdelegado subliñou o compromiso coa sustentabilidade, a competitividade e a máxima calidade do produto que representa Lácteos Anzuxao, motivos polos que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación outorgoulle un recoñecemento “moi merecido”. Losada felicitou á empresa por este galardón e en particular ao seu xerente, Javier Sampayo, a quen lle trasladou o recoñecemento pola traxectoria da empresa.
Publicidade
“Pazo de Anzuxao é un claro exemplo do magnífico nivel da industria alimentaria galega e da provincia de Pontevedra, que é un referente en calidade, pero tamén en compromiso co territorio, co rural, coa seguridade alimentaria, coa investigación e co respecto polo medio ambiente”, subliñou.
Abel Losada, percorreu a fábrica e coñeceu o modelo de produción, lembrando que a queixería foi creada por unha muller emprendedora do rural nos anos 70. Así, valorou unha traxectoria que mantén a tradición e sóubose adaptar ás novas necesidades do comprado e aos novos modelos de consumo sen esquecer as súas orixes e apostando sempre por materias primas de proximidade e gran calidade. O subdelegado asegurou que a firma dezá “está no top” dos queixos a nivel nacional e que así o recoñece novamente o Goberno de España, pois Pazo de Anzuxao repite premio Alimentos de España tras recibilo en 2019 por primeira vez.
Estado das estradas nacionais
Losada aproveitou a súa visita a Lalín para responderlle ao PP Provincial de Pontevedra sobre as declaracións que fixeron do estado das estradas este luns en Muimenta (Lalín).
Comments