top of page

Abanca Semana Verde 2025 estrea a súa feira de beleza Intermax Beauty Show

Será en Silleda e incluirá propostas de produto, talleres formativos e conferencias


Laura Moure/Silleda

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia estrea na súa 47ª edición un novo certame centrado na beleza e a estética, o cal se suma os seus xa tradicións salóns e sectores e convérteo unha vez máis no grancertame multisectorial de mostras e lecer do noroeste peninsular. Así, do 5 ao 8 de xuño engadirá á súa ampla oferta a I Feira de Beleza e Estética, Intermax Beauty Show, a cal contará na súa área expositiva con mobiliario para salóns de estética, solariums, utensilios para salón de peiteado e manicura, cosmética, perfumes e outros produtos e accesorios para coidado persoal que

poderán coñecer tanto profesionais como consumidores finais.

Un salón que comeza como o máis pequeno da feira, pero cun conxunto de actividades con gran interese e moito potencial de crecemento para os vindeiros anos, xa que nace co éxito depúblico asegurado de Abanca Semana Verde e trátase dun sector con boa acollida.


Obradoiros con pasarela e conferencias

O interesante programa desta feira incluirá distintas propostas durante a súa celebración. Así, levaranse a cabo varios obradoiros de técnicas de styling masculino e feminino con recoñecidos e multipremiados expertos do sector. Estes estarán encabezados polo coordinador e asesor de formacións da feira, Jesús Vázquez, o cal é formador para marcas como Tahe ou Farmagan, gañador do premio Imaxe Galicia a mellor colección masculina e segundo posto nos Premios Vanilla Valencia, ademais de finalista en numerosas ocasións en Barbarías con Encanto.


Sumaranse Sara Serantes, directora xeral de Innusual, CEO de Ssctrainer Formacións e formadora de química e cosmetoloxía e do Máster Bioquímica e Físico da Cor para toda Europa. Así mesmo, compartirán os seus coñecementos nestes talleres Pablo G. Sanmartín, mellor barbeiro menor de 25 anos nos premios Imaxe Galicia e mellor barbeiro revelación 2017 en Barbarías con Encanto, ademais de formador en Chile, e tamén Christian Barber, campión de freestyle de barbaría en Galicia e na Golden Chair Internacional, ademais de creador da batalla de barbeiros A Mariña Barber Battle.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O desenvolvemento, a finalización ou o resultado destes obradoiros, dependendo do proceso que requira a técnica utilizada, será mostrado nun escenario con pasarela

habilitado para estas accións formativas.


Ademais, celebraranse distintas conferencias, como a impartida por Cristina Noia, de Ringana, que se centrará en “Autocuidado, Benestar e Oportunidade de Negocio”, ou a dirixida por Kelly Ette, de Escalando, a cal se titulará “Más clientes, máis ingresos e un plan claro para deixar de improvisar”. Sumarase o relatorio sobre “Como crear unha estratexia de branding para o teu negocio”, a cargo de Priscilla Oliveira.







Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page