top of page

Abanca Cimag-GandAgro celebrarase en Silleda do 25 ao 27 de febreiro de 2027

A cita volverá conectar ao sector agropecuario coas solucións máis innovadoras


Laura Moure/Silleda

A VI Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro, celebrarase na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra) do 25 ao 27 de febreiro de 2027. Así o decidiu o seu Comité Organizador nunha reunión mantida esta mañá no recinto feiral. No encontro tamén se analizaron os resultados da pasada convocatoria e abordáronse outros aspectos relativos á organización do certame en 2027, para comezar proximamente a súa promoción e comercialización.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A reunión contou con representantes de diversas entidades, empresas e cooperativas con gran peso no sector, como son a Federación Frisoa Galega (FEFRIGA) e Africor Pontevedra, Asociación de Defensa Sanitaria de Porcino de Silleda, Federación Galega

de Porcino (FEGAPOR), Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (AGAFAC), Departamento de Enxeñería Agroforestal da Escola Politécnica Superior de

Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela, Cooperativa Aira, Cogal Sociedade Cooperativa Galega, Delagro, Delaval Equipos, Gea Farm Technologies Ibérica, Hitraf, Lely, Prefabricados Faro e Tractor Import, ademais da entidade financeira ABANCA.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Unha cita de referencia

Os participantes na reunión coincidiron en destacar a feira como punto de encontro e espazo de negocio para o sector, ademais de valorar de forma xeneralizada a última

edición como positiva, con mellores resultados e unha boa evolución no perfil profesional do público.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

En canto á súa última cita, que tivo lugar do 20 ao 22 de febreiro de 2025, reuniu a 508 firmas expositoras de 26 países, un 20% máis que na anterior edición, das cales 174 eran expositores directos, un 3,5% máis, que procedían de cinco países. O certame ocupou os dous pavillóns principais do recinto, parte do paseo central e unha gran carpa anexa ao pavillón 2, supoñendo unha superficie bruta superior aos 25.500 metros cadrados e neta de 11.648 metros cadrados. En canto aos visitantes que acudiron a coñecer as propostas da súa exposición e a participar nas máis de 40 actividades programadas, ascenderon a 19.813, un 4,3% máis.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page