A XXIX Mostra de Artesanía de Agolada celebrarase o 11 e 12 de agosto cun amplo programa
- Laura Moure

- hace 1 día
- 2 min de lectura
Laura Moure/Agolada
A localidade de Agolada volverá converterse nun escaparate da artesanía e da cultura galega coa celebración da XXIX Mostra de Artesanía, que terá lugar os días 11 e 12 de agosto e que está organizada polo Concello. Durante dúas xornadas, veciños e visitantes poderán gozar de actuacións musicais, espectáculos, obradoiros infantís e propostas para todos os públicos.

A programación arrancará o 11 de agosto ás 12:00 horas coa apertura oficial da mostra, amenizada pola actuación a pé de rúa do grupo de gaitas Os Garatuxeiros. Xa pola tarde, ás 16:30 horas, celebrarase un taller infantil de xabón nas Cabalarizas. Ás 18:00 horas, o Charlatán Rodríguez ofrecerá un espectáculo para os máis cativos na rúa da Parranda, mentres que a xornada pecharase ás 21:30 horas cun concerto de The Teta's Van na Praza do Concello.
PUBLICIDADE
O 12 de agosto a actividade comezará ás 11:00 horas co espectáculo de danza "Terra e Auga, a pel do territorio", na Praza do Concello. Unha hora máis tarde, ás 12:00 horas, será a quenda da actuación musical de Suso Aboy, que interpretará versións de pop e rock español na rúa da Parranda.
PUBLICIDADE
Pola tarde, ás 18:00 horas, os máis pequenos poderán desfrutar da actuación de Flash, tamén na rúa da Parranda. O peche da mostra chegará ás 21:30 horas cunha completa proposta musical e visual protagonizada por Bico da Balouta e a Coral Polifónica de Agolada, que presentarán o espectáculo "Aquam Latam, desde a orixe", con danza, música e pantalla xigante na Praza do Concello.
PUBLICIDADE
A continuación terá lugar o concerto de Leirabuixo, poñendo o broche final á edición deste ano.
PUBLICIDADE
A XXIX Mostra de Artesanía de Agolada volverá reunir tradición, cultura e lecer nun evento pensado para todos os públicos, consolidándose como unha das citas destacadas do verán no municipio.











Comentarios