top of page

A Xunta traballa nas medidas para chegar a un acordo respecto da poxa de recría en Silleda

Anima aos compradores a sumar e seguir impulsándoa entre todos


Laura Moure/Silleda

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asegurou onte que a Xunta está a estudar as peticións formuladas a semana pasada polos compradores críticos co novo sistema dixital implantado para a poxa de recría no recinto feiral de Silleda. De feito, desde o encontro mantido en San Caetano hai escasamente unha semana, Diego Calvo visitou xa en dúas ocasión o recinto feiral. A última delas este martes, cando estivo presente na nave na que se realiza a poxa de recría co obxectivo de falar con compradores e vendedores e comprobar sobre o terreo a posible aplicación das melloras solicitadas polos citados compradores.

O conselleiro incidiu en que “a Xunta tendeu a man para solventar esta situación e estamos xa vendo a aplicación das posibles medidas, se ben é certo que algunhas delas conlevan máis tempo na súa implantación ca outras”. Non obstante, sinalou que, vendo que xa se está actuando, “para que haxa unha solución é preciso que os compradores poñan tamén da súa parte”, remarcou o conselleiro. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Diego Calvo explicou que, se ben o sistema de dixitalización implantado continuará, tras escoitar as propostas trasladadas polos compradores, serán tidas en conta e faranse melloras no mesmo. Agárdase que estes cambios na aplicación estean operativos ao longo do mes de xuño. 

 

Ademais, dado o crecemento e éxito da feira durante os últimos anos estudarase a ampliación da superficie dedicada á recría para poder contar con máis animais e, tamén, para que haxa menos animais por gaiola. 


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O conselleiro de Presidencia insistiu en que “todas estas melloras non son inmediatas, pero tras a reunión da semana pasada xa estamos a traballar nelas, polo que estando clara esta vontade da Xunta, agardamos tamén que exista a mesma vontade por parte dos compradores, aos que facemos un chamamento para que sigan participando e, entre todos, seguir facendo crecer a poxa”, concluíu. 


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page