top of page

A Xunta suspende mañá as clases en distintas partes de Galicia, como Deza e A Ulloa

Activa desde esta medianoite a alerta laranxa por nevaradas


Laura Moure/Xeral

A Xunta activa desde esta medianoite a alerta laranxa por nevaradas en distintas zonas das provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra e ademais, amplía a nivel vermello a alerta por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra, mentres que na Mariña lucense manterase a alerta laranxa.


Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Debido á alerta laranxa por neve decretada polos organismos predictores, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender as clases e o transporte durante toda a xornada de mañá venres 23 nos centros educativos e nas escolas infantís de toda a provincia de Ourense e das zonas montaña, sur e centro de Lugo e interior de Pontevedra. Nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa afectarían aos centros educativos de Deza e A Ulloa.


Así mesmo, debido a alerta vermella por fenómenos costeiros, no día de mañá quedan suspendidas as actividades no exterior dos centros educativos das zonas noroeste, oeste e suroeste da provincia da Coruña, na Mariña de Lugo e nas zonas de Rías Baixas e Miño na provincia de Pontevedra.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Os concellos afectados polas distintas suspensións poden consultarse no Portal Educativo.

Do mesmo xeito, a Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes anunciou a suspensión da actividade deportiva federada e as do programa Xogade pola alerta laranxa por neve e tamén a actividade deportiva no mar polo temporal costeiro. Os concellos afectados segundo as previsións dos órganos preditores poden consultarse na web Deporte Galego.


Segundo os organismos predictores,  o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por nevaradas comezará esta medianoite con acumulacións de ata cinco centímetros en cotas por riba dos 400 metros e ventiscas, mentres que nalgunhas zonas da provincia ourensá prevense acumulacións de ata 20 centímetros, tamén en cotas superiores aos 400 metros.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Canto ao temporal costeiro, agárdanse ventos de forza 10 e ondas de ata nove metros, mentres que a alerta laranxa se mantén na Mariña lucense por ventos de forza oito e ondas de ata oito metros.


Ante as nevaradas, recomendase evitar as viaxes en automóbil sempre que non sexan necesarias e levar sempre o depósito cheo. Tamén se recomenda usar a roupa e calzado axeitado, evitar que persoas maiores saian á rúa e ter a man lanternas e cadeas.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Respecto ao temporal costeiro, a Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Ademais, recomendase que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.


Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page