top of page

A Xunta reforza o apoio a Lalín para impulsar o emprendemento, o emprego e o comercio local

Laura Moure/Lalín

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, vén de manter un encontro co alcalde de Lalín, José Crespo, con quen abordou as vías de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello co gallo de impulsar o emprendemento e a empregabilidade no municipio e potenciar o seu sector comercial.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Na reunión —na que tamén estiveron presentes o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño— abordáronse axudas recentemente convocadas como as de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou as de centros comerciais abertos, das que se poden beneficiar negocios e entidades de localidades como Lalín.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Así mesmo, tratáronse achegas autonómicas que ten recibido o Concello lalinense como axudas á contratación, de formación para incrementar as oportunidades laborais a través de ferramentas como os obradoiros ou os programas integrados de emprego (PIE) ou a prol do comercio local.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Nesa liña, púxose en valor a colaboración no marco das Aldeas de Nadal de Lalín, materializada na dinamización e posta en valor dos denominados Escaparates Máxicos, nun concurso de escaparates e nun curso formativo de escaparatismo e decoración con base artística destinado tanto a comerciantes como a hostaleiros.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page