top of page

A Xunta recoñece os proxectos de investigación de 16 centros, entre eles do Pintor Colmeiro de Silleda

Trátase de iniciativas que desenvolven contidos en diversos ámbitos do coñecemento como as matemáticas, o patrimonio, a xeografía, a natureza, a arte ou a ciencia


Laura Moure/Silleda

A Xunta premia as iniciativas de 16 centros educativos no XI Concurso de Traballos por Proxectos impulsados desde as bibliotecas escolares e entre eles figura o instituto de Silleda. Trátase de iniciativas que responden a temas de interese do alumnado e que desenvolven contidos curriculares en diversos ámbitos do coñecemento como as matemáticas, o patrimonio, a xeografía, a natureza, a arte ou a ciencia, entre outros.

O obxectivo do certame é favorecer que os estudantes reforcen as competencias clave a través do desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación desde a biblioteca escolar. Ao mesmo tempo, impúlsase o traballo en equipo entre os máis novos.


A convocatoria contemplaba catro modalidades de participación. Na primeira delas, de proxectos que combinan diversas materias coordinados desde a biblioteca escolar e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula do centro, prémianse 10 centros, que reciben cada un 2.000€ para gastos relacionados co traballo presentado.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Na segunda modalidade, de iniciativas de investigación dirixidos por profesorado dun grupo ou nivel, e na terceira categoría, de proxectos de investigación dirixidos por profesorado para grupos de diferentes cursos ou niveis, os premios son de 1.500€ por centro. Na cuarta modalidade, de proxectos de investigación intercentros para desenvolver un proxecto común, o galardón ascende a 3.000 €.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

En concreto, premiou centros de Brión, Carballo, Coristanco, Santiago, Celanova, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, A Lama, Meaño, Salvaterra de Miño, Silleda, O Grove, O Porriño, Vigo e Vilagarcía de Arousa. O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda foi premiado na modalidade 1. Todos os centros poden consultarse no enlace: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/022601/xunta-reconece-proxectos-investigacion-16-colexios-institutos-impulsados-desde




header.all-comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page