A Xunta promove actividades de verán no campamento xuvenil dos Chacotes en Palas de Rei
Ecos da Comarca/Palas de Rei
A Xunta de Galicia promove un ano máis actividades de verán no Campamento Xuvenil dos Chacotes, en Palas de Rei.
O alcalde deste municipio, Pablo Taboada, agradece á área de Xuventude dependente da conselleira Fabiola García, de que novamente o campamento dos Chacotes sexa incluído na oferta de verán da Xunta de Galicia “o que permitirá que os mozos e mozas chegados de diferentes partes de Galicia desfruten dun entorno marabilloso nestas instalacións do Palas”, sinala o mandatario.
