top of page

Granxas Campomayor acomete unha nova inversión en Palas de Rei que supera os 2 millóns de euros

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Palas de Rei acada un novo proxecto empresarial, segundo publicou o DOG de onte luns, 8 de xuño de 2026, e tal e como destaca o propio Concello. Falamos da ampliación de Granxas Campomayor.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Granxas Campomayor, acomete unha nova inversión que supera amplamente os 2.000.000 de euros. O proxecto contempla a construción dunha segunda nave con capacidade para 129.360 prazas destinadas á recría de galiñas poñedoras xunto coa ampliación da estercolera existente.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

O alcalde, Pablo Taboada, celebra "esta inversión que vén a apuntalar o compromiso de máis de 48.000.000 euros de inversión privada no municipio nesta lexislatura. Noraboa á familia Campomaior e o noso total apoio ós proxectos que veñan ó noso concello e o noso incondicional apoio a todos os emprendedores, que como Campomayor, fan de Palas de Rei o municipio con máis iniciativas empresariais da provincia".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page