top of page

A Xunta pon en valor os Escaparates Máxicos de Lalín á hora de dinamizar o tecido comercial da vila

Laura Moure/Lalín

ree

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, realizou este domingo un percorrido polos Escaparates Máxicos de Lalín, un proxecto impulsado polo Concello no marco das súas Aldeas de Nadal que conta co apoio da Xunta. En concreto, puxéronse en valor catro escaparates baleiros, nos que se recrean escenografías e estampas propias do Nadal, así como a fachada máxica dun establecemento hostaleiro da Praza de Abastos.



 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Na visita, na que tamén estiveron, a concelleira de Aldeas de Nadal, Karen Fernández, e a secretaria técnica da Asociación de Empresarios de Deza (AED), Chus García, Alén destacou o concurso de escaparates impulsado entre os comercios da vila e outro específico, posto en marcha por primeira vez, para os establecementos hostaleiros.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Tamén o curso gratuíto de escaparatismo e decoración con base artística destinado tanto a comerciantes como a hostaleiros.Todas estas accións, segundo salientou, amosan a importancia de xerar sinerxías nas programacións do Nadal e de implicar o comercio como sector socioeconómico fundamental.  



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page