Persoal técnico do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Pontevedra Norte e Rías Baixas impartirán charlas ao alumnado deste centro mañá e o 30 de xaneiro
Laura Moure/Vila de Cruces
A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, organizará mañá e o próximo 30 de xaneiro cadansúas xornadas de divulgación no IES Marco de Camballón de Vila de Cruces, para promocionar a cultura do emprendemento desde idades temperás.
As sesións que se inician mañá enmárcanse no traballo despregado desde o Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Pontevedra Norte e Rías Baixas (situado en Silleda) e están dirixidas ao alumnado de ESO, Bacharelato e/ou ciclos formativos.
A Xunta está a avogar por unha nova forma de emprender, que nace co propósito de por a dispor toda a axuda necesaria para sacar adiante negocios viables e de sacar o máximo partido ao talento dos máis novos. As persoas que estean pensando en emprender ou teñan un negocio en marcha con novos retos por diante poden atopar apoio e axuda a través dos polos que este ano estenderán a súa cobertura a toda Galicia. Persoal técnico do Polo de Silleda, que acubilla xa máis de 34 proxectos empresariais, serán os encargados de impartir a charla a alumnas e alumnos do IES Marco de Camballón.
Atraer o emprendemento á mocidade e outorgarlle as ferramentas para que as ideas de negocio poidan xerminar son dous dos obxectivos destas sesións, nas que se leva a cabo unha dinámica de 90 minutos na que as persoas participantes poden por en práctica actuacións baseadas na creatividade, algunhas individuais e outras en grupo
Commentaires