top of page

A Xunta pon en valor o aumento da capacidade da Central Agropecuaria de Silleda co novo pavillón

Con esta medida, no mercado dos martes haberá 2.100 prazas dispoñibles, un 44% máis que ata agora, dando resposta así á demanda nas sesións de maior afluencia e ás peticións trasladadas polos compradores


Laura Moure/Silleda

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou onte o pavillón número 5 habilitado para incorporarse á Central Agropecuaria de Galicia ABANCA no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda. Así, lembrou que desde a súa posta en marcha o pasado 10 de febreiro é posible acoller un maior número de reses no mercado dos martes, como é o caso da xornada deste martes. En concreto, incrementáronse nun 44% as prazas dispoñibles ata superar as 2.100.

Deste xeito, como explicou Diego Calvo, esta capacidade máxima que permite a posta en

funcionamento do novo pavillón dá resposta á maior afluencia nas sesións das semanas posteriores ás que está fixado cos compradores de becerros de recría non celebrar poxas

correspondentes a esta categoría, mentres que nunha semana ordinaria a maior capacidade sería de 1.950 animais. Nesta liña, incidiu en que se ofrecen solución ás

melloras solicitadas polos compradores no que se refire precisamente á ampliación da

superficie para contar con máis animais.


Este novo pavillón súmase aos dous que xa se viñan empregando para o mercado e

permite acoller case medio milleiro de animais, con gaiolas para albergar 339 becerros

carniceiros -fronte ás 220 prazas anteriores- e para 160 pasteiros, que tamén aumentan

respecto ás 104 prazas que había. Ademais, neste caso, grazas a esta ampliación, os

becerros pasteiros sepáranse dos de recría, o que axuda aos compradores a unha mellor

valoración.


O espazo que leva funcionando xa estas semanas dispón tamén de catro peiraos de carga

de diferentes alturas no seu exterior, con canalización de gando a través de mangas e

portas cara ao exterior.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ao mesmo tempo, a habilitación do pavillón número 5 para a Central Agropecuaria supón

incrementar non só a capacidade para albergar becerros carniceiros e pasteiros, senón

que tamén se conseguiu aumentar as prazas de becerros de recría, que era precisamente

unha das petición dos compradores, e engadir máis gaiolas tanto para vacas de granxas

de estabulación libre como para exemplares destinadas a situacións especiais de

asistencia.


Colaboración reforma instalacións hípicas exteriores

Por outra parte, na visita de onte, o conselleiro tamén fixo referencia ao convenio de

colaboración entre o Goberno galego e a Fundación Semana Verde de Galicia para o

financiamento dos gastos derivados das obras de reforma das instalacións hípicas

exteriores no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca, por un importe total de

644.120 euros. Desta contía, a Xunta achegará o 85% cun investimento de 550.000 euros,

mentres que a fundación aportará os 94.120 euros restantes.


A intervención contempla a conversión da pista principal actual nunha de última xeración

composta por area de microsílice e fibras xeotextiles, equipada cun sistema de rego e

drenaxe interno, o que permitirá o seu uso continuado durante todo o ano, incluso en

condición climáticas adversas. Os traballos previstos inclúen a escavación da pista e de

gabias para canalización de tubaxes, a colocación de lona illante, a instalación de tubaxes

con boias e electroválvulas, a achega de capas de area de drenaxe e nivelación por láser,

a aplicación de capa final de area de microsílice e mestura con fibra e a posta en marcha

do sistema integral de rega e drenaxe.


Esta infraestrutura, segundo aclarou o conselleiro, permitiría á Federación Hípica Galega

avanzar na formación dos deportistas, garantir o benestar dos animais e aumentar a

presenza de Galicia na competición de alto nivel. De feito, a remodelación destas

instalacións suporía adecualas ás esixencias actuais dos estándares internacionais de

calidade e benestar animal nas pistas destinadas a albergar concursos de primeira orde.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Nesta liña, a Fundación Semana Verde mantén contacto coa federación co obxectivo de

definir posibles vías de colaboración que permitan celebrar no recinto feiral de Silleda

actividades deportivas e formativas de alto nivel. Cómpre destacar que estas instalacións

hípicas da Fundación Semana Verde situadas na zona de gandería do recinto feiral

constan dun ring principal cunha superficie útil de 8.500 metros cadrados e unha pista de

quecemento (ring anexo) de 4.100 metros.

COTIZACIÓNS 3 MARZO 2026:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page