A Xunta pon en valor en Agolada o papel da artesanía como motor de desenvolvemento económico
- Laura Moure

- 5 jul
- 1 min de lectura
A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitaron o Corazón da Artesanía
Laura Moure/Agolada
A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitaron este sábado a segunda xornada do evento Corazón da Artesanía. Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se está a desenvolver nos Pendellos de Agolada.

PUBLICIDADE
Durante a visita, puxeron en valor esta iniciativa como un referente na promoción, conservación e difusión dos oficios artesanais tradicionais, ao tempo que destacaron a súa contribución á dinamización económica e cultural do territorio, favorecendo a visibilidade do talento artesán galego e o impulso á comercialización dos seus produtos.
PUBLICIDADE
A cita, impulsada pola Fundación Artesanía de Galicia, conta coa participación de 50 obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia —entre expositores e docentes dos diferentes cursos— así como 32 postos de alimentación gourmet. O evento complétase coas demostracións gastronómicas do proxecto Artesanía no Prato, con cursos de formación, coa demostración de oficios en vivo e con obradoiros de iniciación abertos a todos os públicos.
PUBLICIDADE
O encontro concluirá hoxe, domingo, coa súa última xornada, que se desenvolverá en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:30 horas.









Comentarios