top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Xunta pon en valor as axudas ao sector forestal en Industrias Guerra, referente neste eido

O director da Axencia Galega de Industria Forestal, Jacobo Aboal, visitou as

instalacións desta empresa cruceña


Laura Moure/Vila de Cruces

O director da Axencia Galega de Industria Forestal da Consellería de Medio Rural, Jacobo Aboal, visitou as instalacións de Industrias Guerra na localidade de Vila de Cruces, principal empresa española especializada no deseño, fabricación e montaxe de grúas hidráulicas e maquinaria para os sectores forestal, mariño e de reciclaxe.

Nesta visita, Aboal puxo en valor que a Xunta vén de resolver as axudas aos investimentos

en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais e as achegas á valorización e á segunda transformación da industria forestal

galega e do contract. Na última convocatoria aprobáronse un total de 150 expedientes de

axuda por importe total de case 16,5 millóns de euros que mobilizarán arredor de 48

millóns de euros (investimento público e privado).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os beneficiarios foron pequenas e medianas empresas -incluídos os autónomos- da

industria forestal e do contract radicadas en Galicia que utilicen a madeira e os seus

derivados, así como asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de

lucro. Ambas liñas de axudas están encadradas dentro dos obxectivos da Axenda de impulso da industria forestal-madeira, coa que se busca consolidar ás pemes que conforman este sector.


O director da axencia estivo nas plantas que a Industrias Guerra ten en Vila de Cruces e

en Silleda, nas que se adican, entre outras, a tarefas de enxeñaría, produción e montaxe

de grúas, cabezais procesadores, taladoras e outra maquinaria forestal.

A empresa galega, que conta cunha facturación anual duns 18 millóns de euros, dispón de

catro plantas propias na nosa comunidade, unha filial en Portugal e dúas sedes en Arxentina. En total, suma máis de 30.500 metros cadrados nos que desempeñan o seu

labor máis de 150 traballadores.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, esta empresa familiar exporta arredor do 50% da súa produción fóra do

territorio, chegando incluso nalgúns momentos ata o 70%. Estas cifras evidencian a

importancia da industria forestal en Galicia, onde ten un gran peso este sector. Ademais,

no territorio galego rexístranse anualmente a metade das cortas de madeira de España.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page