top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Xunta pide ao Goberno central certezas para o proxecto de Altri en Palas de Rei

Lorenzana lamenta que a Comunidade estea "a ser discriminada no reparto de fondos europeos por parte do Executivo central co silencio, pasividade e complicidade de PSdeG e BNG"


Laura Moure/Palas de Rei

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, pediu certezas ao Goberno para o proxecto que Altri pretende desenvolver en Palas de Rei. Lorenzana, que contestou no pleno do Parlamento unha pregunta sobre a situación da iniciativa, lamentou "a discriminación á que a Comunidade está sendo sometida por parte do Executivo central co silencio, pasividade e complicidade de PSdeG e BNG".

Fronte a esta actitude, avanzou que a Xunta segue adiante coa tramitación desta iniciativa declarada Proxecto Industrial Estratéxico (PIE) polo Goberno autonómico. Así, a empresa rematou a elaboración do proxecto e o estudo de impacto ambiental que será sometido a información pública nas vindeiras semanas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Lorenzana asegurou que a boa disposición e boas palabras amosadas polo Goberno do Estado nas últimas reunións non son suficientes e que se precisan feitos e certezas. Por unha banda, é preciso saber cales son as axudas no marco dos fondos de recuperación e resiliencia que pode recibir este proxecto. Neste sentido explicou que dos oito Pertes industriais anunciados, só se resolveu ou adxudicou o 27,49 % do orzamentado e Galicia, a pesar de ser das primeiras Comunidades en presentar unha estratexia, só foi beneficiaria co 4,93 % do total asignado. Mentres, outras comunidades como Cataluña e Valencia recibiron axudas directas. Galicia conta con proxectos industriais destacados que suman máis de 2.000 M€ e que están agardando polo Goberno central.


Doutra banda, Lorenzana manifestou que Altri precisa que o Executivo aclare como se garantirá a interconexión eléctrica necesaria. Nesta situación tamén se atopan outras iniciativas que precisan 1.200 MW adicionais e que, de consolidarse, suporían investimentos por máis de 6.300 M€. Por iso, desde a Xunta xa se demandou que se inclúan modificacións da actual planificación eléctrica coas infraestruturas precisas para garantir a demanda.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A conselleira subliñou que se trata da última oportunidade para investir de forma eficiente e xusta uns fondos xustos dirixidos a garantir proxectos industriais e estratéxicos que contribúan á descarbonización e a unha economía máis dixital e verde, polo que reclamou que Galicia sexa tratada en igualdade de condicións. Neste sentido asegurou que seguirán os contactos co novo ministro de Industria



1 comentario

Entradas recientes

Ver todo

1 Comment


xocas gonzalez
xocas gonzalez
Nov 24, 2023

Mentras non haxa cambio de goberno galego non haberá solución.

Like
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page