top of page

A Xunta ofrece unhas 700 prazas en cursos de inglés laboral e portugués á mocidade de entre 18 e 30 anos

As persoas interesadas poden inscribirse ata o vindeiro venres, 20 de febreiro


Laura Moure/Xeral

A Xunta de Galicia ofrece este ano preto de 700 prazas en cursos de inglés laboral e portugués destinados á mocidade de entre 18 e 30 anos. Trátase de propostas formativas de nivel básico e intermedio de inglés laboral, así como tres niveis de portugués, organizados no marco do programa Desafíos Jovens, un proxecto transfronteirizo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que promove a inserción laboral dende a inclusividade e a perspectiva de xénero, priorizando persoas mozas e mulleres do rural.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Así, ao abeiro desta colaboración institucional a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon en marcha dúas edicións para a formación en inglés, cunha capacidade de 40 participantes para cada unha delas, repartidas nos dous niveis. Os cursos inclúen titorización, seguimento do alumnado e avaliación continua, e están enfocados en mellorar as competencias profesionais e a mobilidade laboral dos mozos e mozas residentes tanto en Galicia como en Portugal.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Neste senso, a primeira das quendas terá lugar desde o 3 de marzo ao 19 de maio, mentres que a segunda desenvolverase entre o 1 de setembro e o 24 de novembro, cunha duración de 20 horas cada unha e na modalidade de telepresenza con reunións virtuais.

Por outro lado, mediante o sistema de teleformación, realizaranse os cursos de portugués nos niveis A1/A2, B1 e B2, cun total de 200 prazas para cada un deles. Darán comezo o 2 de marzo e finalizarán o 15 de maio tras 80 horas de estudo.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Os interesados en participar deberán enviar as súas solicitudes a través do formulario electrónico dispoñible no Portal de Xuventude ata o venres, 20 de febreiro. A admisión farase por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas, e as persoas seleccionadas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza.



IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page