A Xunta mellorará tramos do Camiño de Santiago por Boimorto, Arzúa, Sobrado e O Pino
- Laura Moure
- hace 9 horas
- 2 min de lectura
Rueda resalta que se levarán a cabo “sendas peonís ou pasarelas”, das que se beneficiarán os veciños e peregrinos en preto de 20 concellos das provincias de A Coruña e Lugo
Laura Moure/Xeral
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou onte de que o Consello aprobou definitivamente os trazados definitivos dos treitos comúns no Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, e no Camiño Inglés, o que permitirá “realizar melloras de seguridade viaria en 40 treitos” destas rutas xacobeas, cun orzamento total de 8 M€ e coa previsión de que “a principios do ano que vén estean todas as obras adxudicadas”. Varios destes tramos pasan polas comarcas de Arzúa e Terra de Melide.

O proxecto do Camiño do Norte implica actuacións en 27 treitos da ruta, que cruzan dez municipios distintos. Sete están localizados no concello de Boimorto -dos que dous implican obras en tramos compartidos co de Arzúa-, catro no de Ribadeo, outros catro no de Vilalba e catro máis no de Sobrado. Tres treitos localízanse no concello de Guitiriz -dos que un transita tamén por Begontee en Trabada e Friol sitúanse dous treitos por cada municipio. Por último, un dos tramos afectados está no concello do Pino.
PUBLICIDADE
No caso do Camiño Inglés, o proxecto comprende a execución de diversas sendas peonís segregadas nun total de 13 treitos comúns que coinciden con estradas de titularidade autonómica, provincial e municipal, situados en sete concellos distintos. Así, en Carral e Cabanas localízanse tres dos tramos afectados, respectivamente. Dous deles pasan por Betanzos. En cada un dos municipios de Paderne, Miño, Cambre e Santiago de Compostela hai un treito no que se realizarán actuacións, aos que hai que sumar un último tramo, situado entre os concellos de Miño e Paderne, que tamén experimentará obras.
PUBLICIDADE
Os trazados definitivos dos dous Camiños chegan despois de someter ao trámite de información pública ambos os proxectos, un período no que se recibiron alegacións e informes. Tras deste procedemento, elevouse ao Consello da Xunta a aprobación dos dous acordos.




