top of page

A Xunta mellorará a PO-533, Lalín-Alto do Faro, no seu percorrido polos concellos de Lalín, Dozón e Rodeiro

O prazo previsto de execución desta obra é de oito meses e licitaranse por un orzamento superior aos 3,6 M€


Laura Moure/Deza

O Consello da Xunta deulle onte o seu visto e prace á licitación por máis de 7 M€ ás obras de renovación do firme en oito estradas autonómicas ao seu paso por sete concellos da provincia de Pontevedra. O obxectivo é mellorar as características funcionais das estradas da titularidade da Xunta e reforzar a seguridade viaria en distintos treitos, para o que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitará nas vindeiras semanas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, as actuacións en dous lotes distintos, un por área de intervención.


Os traballos consistirán na rehabilitación superficial do firme destas estradas, con distintas actuacións, restaurando as características do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade.

 PUBLICIDADE

O Executivo autonómico deu así luz verde á distintas actuación de acondicionamento de firme nas estradas PO-010, PO-330, PO-323, PO-324, PO-325, PO-371 e PO-403, ao seu paso polos concellos de Vigo, Redondela, Nigrán e Salvaterra do Miño. Os traballos previstos nestas estradas da comarca de Vigo incluirán obras en preto de 14,7 quilómetros de lonxitude, e serán licitadas por un importe de máis de 3,4 M€ (3.435.988,95 €). O prazo previsto de execución destas obras é de dezaoito meses.

As outras intervencións de mellora do firme a licitar se centrarán no reforzo de firme localizado e acondicionamento de distintos treitos da estrada PO-533, Lalín-Alto do Faro, no seu percorrido polos concellos de Lalín, Dozón e Rodeiro. As actuacións obxecto de contratación na PO-533, ao seu paso pola comarca do Deza, baséanse, polo tanto, na mellora do firme ao longo de algo máis de 19 quilómetros de lonxitude, realizando accións puntuais localizadas. Ademais, acondicionaranse as vías de servizo onde sexa necesario.

O prazo previsto de execución destas obras é de oito meses e as obras licitaranse por un orzamento superior aos 3,6 M€ (3.623.316,43 €).


En total, os treitos das oito estradas de titularidade da Xunta obxecto deste novo contrato de acondicionamento do firme, roldan os 34 quilómetros de lonxitude. En todas as actuacións recollidas nestes proxectos non son necesarias as expropiacións de terreos, xa que están incluídas dentro da franxa de dominio público de titularidade da Xunta.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O Goberno galego segue a traballar e a apostar tamén pola mellora das características da rede actual de estradas de titularidade autonómica, supoñendo un menor custo de mantemento a longo prazo e unha mellora da seguridade viaria.


A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé adxudicar estes contratos no segundo trimestre, para iniciar a execución no verán. A Xunta acada de novo o récord histórico en investimento en conservación de estradas da rede autonómica neste 2026, con 71,6 M€.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page