top of page

A Xunta licita por máis de 3,6 M€ as obras de mellora do firme en 3 estradas na Estrada e en Agolada

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación e establece un prazo de presentación de ofertas ata o vindeiro 22 de xaneiro


Laura Moure/Agolada

A Xunta licita por máis de 3,6M€ as obras de reforzo do firme nas estradas PO-841 e PO-213, ao paso polos concellos da Estrada, e na PO-840, no concello de Agolada. A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolleu pasado día 4 de decembro esta licitación e establece un prazo de presentación de ofertas ata o vindeiro 22 de xaneiro.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé adxudicar e iniciar as obras no primeiro semestre do 2026.

As actuacións, cun prazo de execución de 12 meses, teñen como obxectivo a rehabilitación da capa de rodaxe para mellorar as condicións de circulación nos distintos treitos destas dúas estradas.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Na estrada PO-841, no municipio da Estrada, acondicionarase un treito de máis de 6,3 quilómetros, desde o punto 11+760 ata o 18+085, realizando accións puntuais nas rotondas ata o punto quilométrico  21+510. Na PO-213, intervirase en varios treitos ao longo de 15,3 quilómetros.


En relación á PO-840, ao seu paso polo concello de Agolada, rehablitarase a capa de rodaxe ao longo do treito de 9,8 quilómetros de lonxitude, entre os puntos 58+960 e ata o 68+766.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ademais da renovación do firme, repoñeranse marcas viarias lonxitudinais e transversais, e realizaranse traballos de conservación e limpeza da drenaxe actual.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page