top of page

A Xunta levará o programa ‘Que non te líen, ti elixes’ a centros de Boimorto, Cruces, Lalín e Monterroso

O obxectivo é seguir avanzando na presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados contribuíndo a unha sociedade máis xusta e equitativa


Laura Moure/Xeral

A Xunta de Galicia vén de resolver a convocatoria da 4ª edición do programa Que non te líen, ti elixes, a primeira deste curso 2025-2026. Así, no marco desta iniciativa impulsada polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, un total de 91 centros de secundaria de toda a Comunidade acollerán charlas a prol de que as mulleres escollan profesión atendendo ás súas capacidades ou motivacións persoais, sen deixarse limitar por prexuízos ou estereotipos de xénero.


En concreto, 36 dos beneficiarios pertencen á provincia da Coruña, 27 á de Pontevedra, 16 á de Lugo e 12 á provincia de Ourense. Todos son centros educativos galegos sostidos con fondos públicos onde estuda alumnado de 3º e 4º da ESO. A finalidade do programa é seguir avanzando na presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados como o forestal, a construción, o marítimo-pesqueiro, o do metal ou as TIC, contribuíndo a unha sociedade máis xusta e equitativa.

Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa figuran:

  • O CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto.

  • IES de Monterroso de Monterroso.

  • IES Marco do Camballón Vila de Cruces.

  • IES Ramón Mª Aller Ulloa Lalín.


Así, nesta nova andaina do Que non te líen, ti elixes, as charlas didácticas e debates promovidos nos centros seguirán estando dirixidos por persoal de asociacións, fundacións e clústeres de sectores con escasa representatividade feminina, que porán sobre a mesa cuestións como as condicións laborais dos diferentes ámbitos profesionais, que constatan maiores salarios para os empregos que adoitan estar ocupados por homes. Tamén porán en valor mulleres referentes de éxito en ámbitos profesionais con reducida presenza feminina, para que poidan servir de exemplo ás novas xeracións.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais, como novidade, nesta edición introduciranse nas actividades desta iniciativa contidos relacionados coa presenza de homes en profesións consideradas tradicionalmente feminizadas, co obxectivo de rachar cos prexuízos ou estereotipos de xénero nas diferentes profesións.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Balance das edicións anteriores

Coa posta en marcha da 4ª edición da iniciativa —que se completará cunha segunda convocatoria este curso—, a Xunta busca consolidar e reforzar os datos obtidos ata o momento, que continúan en crecemento, demostrando o interese que suscita o programa.

Así, na estrea do programa visitáronse uns 75 centros de ensino, situados en boa medida preto de institutos de formación profesional que ofrecen cualificación en familias de sectores tradicionalmente masculinizados. Na segunda edición alcanzáronse case 90 centros e, na terceira, sumando as dúas convocatorias do curso, un total de 174.


Podedes consultar todos os centros no seguinte PDF:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page