top of page

A Xunta inviste preto de 130.000 euros na mellora da xestión de residuos en Rodeiro

As axudas concedidas polo Executivo galego permitiron ampliar o punto limpo fixo

existente no municipio e adquirir un punto limpo móbil


Laura Moure/Rodeiro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou onte o punto limpo de Rodeiro que foi ampliado grazas a unha axuda da Xunta de preto de 60.000 euros. Así, acompañado polo alcalde de Rodeiro e por concelleiros da corporación local, o delegado territorial puido comprobar o resultado dos traballos de ampliación que consistiron na mellora dos sistemas de seguridade e na instalación de novos contedores que permiten a recollida, separación e eliminación de máis tipos de residuos.


Ademais, o concello adquiriu un punto limpo móbil grazas a unha achega do Goberno

autonómico de preto de 70.000 euros.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O delegado territorial aproveitou a visita para lembrar a importancia de facer unha boa

xestión dos residuos e incidiu na importancia de facer boas políticas de sensibilización que

consigan educar e convencer á cidadanía na adopción de bos hábitos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“A Administración leva moitos anos facendo un gran esforzo para mellorar a xestión e

reciclaxe dos residuos, pero todo investimento é inútil se as veciñas e veciños non

colaboran seguindo as directrices que marcan os concellos e esforzándose por manter

unha contorna limpa e libre de contaminación”, concluíu.

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page