top of page

A Xunta investiu 280.000€ na formación de 10 persoas de Lalín en xestión de almacén e aprovisionamento

O alumnado combinou a formación teórica con traballo efectivo, realizando proxectos

de mellora das infraestruturas municipais dos concellos organizadores


Laura Moure/Lalín

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou este luns na clausura do programa de emprego de garantía xuvenil Amorea, no concello de Lalín. O programa, que tivo unha duración de preto dun ano, contou cun financiamento da Xunta

de preto de 280.000 euros que permitiu que 10 mozos e mozas se formasen de forma teórica e práctica na especialidade de xestión de almacén e aprovisionamento.

ree

O delegado destacou na súa intervención “a importancia deste tipo de iniciativas nas que a Xunta colabora cos concellos para apostar de forma directa e decidida pola mellora da

empregabilidade dos mozos e mozas galegos”. Cabe destacar que, ademais de recibir

unha formación teórica, os participantes realizaron un traballo efectivo nas instalacións municipais.


Reguera rematou incentivando a todos os mozos e mozas que contemplen o emprendemento como unha opción de futuro a achegarse a un dos 15 Polos de

emprendemento que a Xunta ten por todo o territorio galego.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Obradoiros de emprego duais

Cabe destacar que Lalín organizou tamén un obradoiro de emprego dual que rematou hai unhas semanas e que involucrou a 20 persoas desempregadas. Esta modalidade de obradoiro tamén combina a formación teórica con traballos que se desenvolven nos propios concellos. Así, esta iniciativa contou cun investimento por parte da Xunta de preto de 420.000 euros.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page