A Xunta impulsa a comercialización de Artesanía de Galicia en Merza en colaboración co Taller Eferro
- Laura Moure

- hace 5 días
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Vila de Cruces

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración continúa co seu apoio á comercialización do produto artesán galego e a posta en valor da marca Artesanía de Galicia a través do proxecto Artesanía de Galicia en Merza, un programa de feiras de carácter mensual que se están a celebrar desde o mes de abril no espazo de actividades culturais e lúdicas do obradoiro Eferro, en Merza (Vila de Cruces), denominado eferroGhalpón.
Na edición do mes de maio participan sete obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia e especializados nos ámbitos da cerámica, da bixutería, da cestería, do papel e do pirogravado. En concreto, participan como expositores Artesanía Enxebre de Valdeorras (O Barco de Valdeorras), A Casa Rodante (Vigo), Capixuta (A Estrada), Maytadas (Vilagarcía de Arousa), Leónlagata (Sanxenxo), Mica Cerámica (A Coruña) e Mica Bisutería (Ames).
PUBLICIDADE
Ademais da feira, houbo dous obradoiros enfocados na elaboración de papel artesanal e na creación dun caderno de peto, impartidos por A Casa Rodante. Trátase dun obradoiro gratuíto e aberto ao público infantil e adulto.
PUBLICIDADE
A programación da feira completouse cunha sesión vermú a cargo de Sheila Patricia e un posto de comidas a cargo de Fartura.








Comentarios