top of page

A Xunta financia en Dozón con máis de 35.000 euros dúas obras de corrección de impactos paisaxísticos

28 jul 2025
1 min de lectura

As axudas permitirán mellorar o acabamento da cuberta do local social de Saa e intervir no lavadoiro municipal do lugar do Mosteiro


Laura Moure/Dozón

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este luns o concello de Dozón, que recibiu unha subvención por importe de máis de 35.000 euros para desenvolver dúas actuacións ao abeiro das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

A axuda permitirá mellorar o acabamento da cuberta do local social de Saa e intervir no lavadoiro municipal do lugar do Mosteiro. Desta forma o concello busca, por unha parte,

mellorar as condicións dunha edificación moi utilizada polos veciños da zona e, por outra,

manter en bo estado o patrimonio cultural do concello.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Cabe destacar que as accións subvencionables inclúen tanto a renovación e remate

exterior de fachadas, cubertas e muros de cerramento de edificios municipais como a

mellora do aspecto e conservación de elementos etnográficos como fontes, lavadoiros,

palcos de música e hórreos así como doutro tipo de equipamentos públicos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Na provincia de Pontevedra tamén se beneficiaron da convocatoria de axudas deste ano

para promover o fermosismo os concellos de Meis, Caldas de Reis, Fornelos de Montes,

Pazos de Borbén e Covelo. En total, o destinado nesta liña de achegas a concellos da

provincia de Pontevedra supera os 116.000 euros.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page