top of page

A Xunta facilitará aos apicultores afectados polos lumes o acceso gratuíto a parcelas do Banco de Terras

Os produtores interesados deberán poñerse en contacto coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, adscrita á Consellería do Medio Rural, para trasladar as súas solicitudes


Ecos da Comarca/Xeral

A Consellería do Medio Rural facilitará aos apicultores afectados polos incendios forestais rexistrados ao longo deste verán en Galicia -especialmente aos da provincia de Ourense- o acceso gratuíto a parcelas do Banco de Terras para que poidan instalar nelas as súas colmeas e manter así a súa produción.

ree

Os interesados deberán dirixirse á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, adscrita á Consellería, para solicitar esta posibilidade. Cada petición será avaliada, tendo en conta os danos causados polos lumes nas instalacións apícolas, para proporcionar, no seu caso, terreos alternativos aos queimados, co fin de asegurar que de forma temporal teñan garantida a súa alimentación natural e dar así continuidade a estas explotacións.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os apicultores que queiran acollerse a esta medida deberán respectar as distancias e demais normativa de aplicación, así como comunicar nas oficinas rurais os traslados e as novas localizacións para actualizar o corresponde rexistro apícola de Galicia. Por parte dos servizos provinciais e das oficinas rurais da Consellería, vaise dar traslado desta posibilidade de apoio aos produtores prexudicados, aos concellos e ás asociacións de apicultores, para propiciar a maior difusión posible da iniciativa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Esta colaboración súmase a outras iniciativas postas en marcha por Medio Rural para paliar os danos ocasionados polos incendios no sector agrogandeiro. Entre elas, cómpre lembrar o operativo de emerxencia activado xa desde o pasado sábado, día 16 de agosto, para garantir a subministración inmediata de alimento aos animais das explotacións gandeiras afectadas polos incendios, especialmente na provincia de Ourense.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page