top of page

A exposición “50 anos coidando da terra” de Adega inaugurarase o 28 de agosto en Arzúa

Poderá verse ata o 9 de setembro


Laura Moure/Arzúa

A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (ADEGA), en colaboración co Concello de Arzúa e a Deputación da Coruña, trae a exposición itinerante “50 anos coidando da terra”. A mostra inaugúrase este xoves 28 de agosto ás 12:00 h na Praza de Galiza e poderá visitarse até o 9 de setembro.

ree

A través de paneis divulgativos, a exposición repasa medio século de historia do ecoloxismo na Galiza: as principais loitas contra a destrución do territorio, a defensa do patrimonio natural e as alternativas sostíbeis impulsadas pola sociedade.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O acto inaugural contará con intervencións institucionais, da propia asociación e de colectivos da comarca que loitan pola defensa da natureza, ademais dunha visita guiada a cargo de ADEGA explicando cada un dos paneis da mostra.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Animamos a toda a veciñanza a participar na inauguración e a visitar esta exposición durante os días que permanecerá no noso concello, un espazo de memoria e de reflexión sobre a importancia de coidar da terra", recalcan dende o Concello.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page