top of page

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais industriais no concello de Arzúa

Os inspectores confirmaron que a orixe do vertido estaba nunha empresa cunha acometida errónea das canalizacións das augas cara á condución de augas pluviais


Ecos da Comarca/Arzúa

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un vertido de augas residuais industriais no concello de Arzúa. A achega irregular foi localizada no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia. 


Publicidade

Os inspectores constataron un punto de vertido de orixe industrial cara ao dominio público, como consecuencia dunha acometida errónea das canalizacións das ditas augas cara á condución de augas pluviais.  


Publicidade

Augas de Galicia instou ao titular das instalacións a levar a cabo as accións necesarias para emendar a situación.


Publicidade

Nunha nova inspección á zona, os técnicos comprobaron a través dunha analítica a eliminación do punto de vertido, logo de levar a cabo os responsables da instalación o selado da acometida errónea, emendando por completo as achegas contaminantes cara á rede pluvial.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page