top of page

A Xunta e O Pino colaboran no fomento da mobilidade de terras e a mellora de camiños rurais

A conselleira María José Gómez reuniuse esta tarde co alcalde desta localidade, Manuel

Taboada, para avanzar nestes e noutros asuntos de interese para o agro deste concello


Ecos da Comarca/O Pino

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse este xoves co alcalde do Pino, Manuel Taboada, para avanzar na colaboración entre a Xunta e o Concello a prol das necesidades do agro neste municipio. Así, entre outras cuestións de interese, avaliouse a cooperación en materia de mobilidade de terras mediante instrumentos como as concentracións parcelarias.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O impulso deste tipo de procesos, así como das ferramentas desenvolvidas ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, constitúen unha das liñas de traballo fundamentais da Xunta para facilitar a ampliación da base territorial das explotacións, co

fin de potenciar a súa competitividade. Neste sentido, cómpre lembrar que Medio Rural

destina este ano ás reestruturacións parcelarias en toda a nosa comunidade un total de

16,7 millóns de euros, case catro millóns máis con respecto ao 2025.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Asemade, neste encontro entre a conselleira e o rexedor municipal tamén se tratou o

traballo conxunto por parte de ambas administracións para mellorar as infraestruturas do

concello e, máis concretamente, os seus camiños rurais. Neste sentido, cómpre lembrar

que O Pino ten aprobada unha axuda máxima de case 60.600 euros dentro do Plan

Camiña Rural da Consellería para o período 2026-2027, que se destinarán á posta en

valor e acondicionamento de vías no seu termo municipal.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page