top of page

A Xunta destinará máis de 550.000 € á reforma das instalacións hípicas na Semana Verde de Silleda

Contempla a creación dunha pista de última xeración equipada cun sistema de rego e drenaxe interno na Feira Internacional de Galicia que permita o seu uso todo o ano


Laura Moure/Silleda

O Consello da Xunta autorizou onte o convenio de colaboración entre o Goberno galego e a Fundación Semana Verde de Galicia para o financiamento dos gastos derivados das obras de reforma das instalacións hípicas exteriores no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda, por un importe total de 644.120 euros.

Desta contía, a Xunta achegará o 85 % cun investimento de 550.000 euros, mentres que a fundación achegará os 94.120 euros restantes. A intervención contempla a creación dunha pista de última xeración composta por area de microsílice e fibras xeotextiles, equipada cun sistema de rego e drenaxe interno, o que permitirá o seu uso continuado durante todo o ano, incluso en condición climáticas adversas.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En concreto, os traballos previstos inclúen a escavación da pista e de gabias para canalización de tubaxes, a colocación de lona illante, a instalación de tubaxes con boias e electroválvulas, a achega de capas de area de drenaxe e nivelación por láser, a aplicación de capa final de area de microsílice e mestura con fibra e a posta en marcha do sistema integral de rega e drenaxe.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Esta infraestrutura permitiría á Federación Hípica Galega na formación dos deportistas, garantir o benestar dos animais e aumentar a presenza de Galicia na competición de alto nivel. De feito, a remodelación destas instalacións suporía adecualas ás esixencias actuais dos estándares internacionais de calidade e benestar animal nas pistas destinadas a albergar concursos de primeira orde.


Nesta liña, a Fundación Semana Verde mantén contacto coa federación co obxectivo de definir posibles vías de colaboración que permitan celebrar no recinto feiral de Silleda actividades deportivas e formativas de alto nivel.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Cómpre destacar que a Fundación Semana Verde xa conta actualmente con instalacións hípicas na zona de gandería do recinto feiral. Así, dispón dun ring principal cunha superficie útil de 8.500 metros cadrados, cunha grada que permite acoller a 1.500 persoas baixo unha superficie cuberta e outras 800 o aire libre, contando con herba natural. Ademais, a isto súmase unha pista de quencemento (ring anexo) cunha superficie de area de 4.100 metros; e unha zona de cortes que dispón de 92 boxes sobre unha superficie bruta de máis de 1.500 metros cadrados.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page