top of page

A Xunta destina 120.000 euros á mellora das infraestruturas do polígono de Merlín, en Agolada

15 ago
2 min de lectura

O delegado territorial visitou o parque empresarial, beneficiario dunha das axudas da

Xunta para a habilitación e mellora das áreas empresariais de Galicia


Laura Moure/Agolada

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, visitou onte o parque empresarial Merlín, no concello de Agolada, beneficiario dunha axuda de 120.000 euros ao abeiro da liña de axudas da Xunta destinada á habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais de Galicia.

Durante a visita, o delegado destacou a importancia deste tipo de investimentos para que

os parques empresariais dispoñan de espazos e servizos adecuados para o desenvolvemento da actividade económica e para favorecer a implantación e consolidación de empresas, especialmente no ámbito rural.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A actuación no parque empresarial Merlín conta cunha achega por parte da Xunta de preto de 120.000 euros (80% do investimento total) que permitirá impulsar a mellora das súas infraestruturas e contribuír á creación dun contorno máis axeitado para as empresas

instaladas e para aquelas que poidan establecerse no futuro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Cabe destacar que, no conxunto da área territorial de Pontevedra, nove parques empresariais resultaron beneficiarios desta liña de axudas, cun investimento total por parte da administración autonómica de preto de 590.000 euros. Estas achegas teñen como

finalidade favorecer a modernización e mellora das áreas empresariais, reforzando a súa

capacidade para atraer novas actividades económicas e xerar emprego.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Durante a visita, Pablo Fernández puxo en valor o compromiso da Xunta coa mellora das

infraestruturas empresariais e salientou que "contar con parques empresariais ben

acondicionados é fundamental para facilitar a actividade das empresas, atraer novos

investimentos e xerar oportunidades de emprego no rura". Neste sentido, destacou a importancia de seguir apoiando aos concellos para que poidan ofrecer espazos

competitivos e adaptados ás necesidades do tecido produtivo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page