top of page

A Xunta destaca a campaña ‘Este Nadal toca en Melide’ pola súa dinamización do comercio local

Déronse a coñecer as rifas premiadas nas que se sortean dous premios de 1.000 euros e catro de 500


Laura Moure/Melide

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou o pasado venres na gala de Nadal da 27ª campaña Este Nadal toca en Melide, organizada pola Asociación de Empresarios Terra de Melide – Centro Comercial Aberto (Asetem-CCA) en colaboración co Concello e apoiada pola Xunta. Alí, destacou que o Goberno autonómico seguirá ao carón de iniciativas coma esta pola súa capacidade dinamizadora do sector comercial das diferentes contornas, na liña do que persegue o Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030.

Así, o director xeral salientou que na gala deste venres se sorteen dous premios de 1.000 euros e catro de 500 euros entre a clientela que foi sendo obsequiada con rifas numeradas polas súas compras nos distintos establecementos participantes desde o pasado 1 de decembro. Como novidade desta edición, sortéanse tamén dez vales de 50 euros a través da aplicación móbil da Asetem, entre todos os tíckets subidos entre o 1 de decembro e o pasado venres.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


Alén puxo de relevo que estes premios en metálico estean concibidos para investir de novo no comercio local, dándolle ao tecido económico de proximidade —dixo— o lugar que merece á hora non só de atopar agasallos en datas como as que veñen de rematar, senón tamén en calquera outra época do ano para cubrir as necesidades das persoas consumidoras.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Finalmente lembrou que no marco do compromiso da Xunta co pulo ao tecido comercial e artesanal, o vindeiro venres 16 abre o prazo de solitudes das axudas autonómicas ao sector, dotadas con preto de 4 M€ e das que se beneficiaron o pasado ano máis de 700 negocios. Publicadas o pasado día 8 no Diario Oficial de Galicia (DOG), abarcan tres liñas compatibles entre si orientadas á dixitalización e innovación comercial; á modernización, mellora da imaxe e eficiencia; e á sostibilidade ambiental. Entre as novidades da orde destacou a ampliación do período subvencionable, sendo desde o 25 de outubro de 2025, e a simplificación na tramitación administrativa.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Na súa intervención, o alcalde, José Manuel Pérez, destacou a "estreita colaboración entre o Concello e Asetem, cun obxectivo en común: facer medrar Melide a través do seu comercio local". Neste senso, añadiu " O comercio de proximidade é esencial para o noso pobo polo que merece todo o apoio posible das institucións".

Os números premiados:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page