A Xunta de Galicia adxudica a obra de construción de 17 vivendas de promoción pública, en Lalín
- Laura Moure
- hace 6 minutos
- 1 min de lectura
Laura Moure/Lalín

O consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) autorizou o pasado venres a adxudicación do contrato para a construción de 17 vivendas de promoción pública nunha parcela do Vial 1, cedida de balde polo Concello de Lalín.
PUBLICIDADE
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto G. Porto, presidiu a reunión do consello de administración de Vipugal.
PUBLICIDADE
Será a empresa Proyecon Galicia, S.A. a encargada da construción das vivendas, segundo o proxecto redactado por Germán Gómez Crespo.
PUBLICIDADE
O contrato para a execución das obras licitouse por importe de 3.278.227,07 euros e adxudícase por 3.088.885 euros.
PUBLICIDADE
As vivendas distribuiranse da seguinte maneira, en función do número de dormitorios:







