top of page

A Xunta construirá en Lalín a base de helicópteros para a loita contra os lumes máis grande de Galicia

Medio Rural visitou as obras que conta cun investimento de máis de 3,2 millóns de euros no cal se poderán albergar ata seis helicópteros de forma simultánea


Laura Moure/Lalín

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco; e polo alcalde de Lalín, José Crespo; visitou onte as obras da futura base de helicópteros para a loita contra incendios forestais que se está a construír na localidade, onde destacou que será a máis grande de Galicia, de entre as 14 actuais, e unha das de España.

Concretamente, esta actuación supón un investimento de máis de 3,2 millóns de euros e

permitirá albergar ata seis helicópteros de forma simultánea en caso de ser preciso e con

todas as dependencias necesarias. En concreto, construirase un edificio que constará

dunha planta soterrada para aparcadoiro, outra superior como estancia de brigadas e

tripulacións -con oito habitacións con baño-, e unha torre de control para emisoristas. A

conselleira destacou que serán unhas instalacións con todas as condicións precisas para

desenvolver o traballo do persoal de loita contra os incendios.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


Neste sentido, salientou que o compromiso da Xunta coa defensa contra o lume é unha

prioridade e este mesmo ano destinaranse máis de 9 millóns de euros para mellorar a rede

pública de bases aéreas. Lembrou que ademais da de Lalín, construirase un novo

aeródromo no concello de Valga e sumou a mellora e ampliación das bases de Campiño,

en Pontevedra; e de Antela, en Sandiás.


Gómez resaltou que todas estas actuacións van encamiñadas a dispoñer de máis recursos

no territorio e dunha maior dotación de medios aéreos. Sobre esta liña, o dispositivo

contará este 2026 con dous avións de carga en terra máis, chegando a un total de oito. En

total, disporá de 22 medios aéreos dependentes da Consellería, chegando a máis de 30 ao

incluír os do Goberno central.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Maior investimento no 2026

A conselleira puxo en valor que desde o Goberno galego séguese a traballar a prol do

servizo público de prevención e defensa contra os incendios forestais, referente a nivel

nacional e internacional. Explicou que este ano se incrementa o orzamento nesta materia con máis de 116 millóns de euros, dos cales 75,38 se destinan a prevención, un 50% máis

que o ano anterior, e 40,6 a extinción.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A maiores, destacou o novo convenio para a xestión da biomasa nas faixas secundarias,

asinado o pasado mes de decembro coa empresa pública Seaga e ao cal xa solicitaron a

súa adhesión 131 concellos galegos. Gómez explicou se mobilizarán anualmente 25

millóns de euros para apoiar a concellos e propietarios á hora de realizar estas tarefas e

cumprir así as súas obrigas en materia de prevención.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page