top of page

A Xunta concede unha axuda a Dozón para a rehabilitación de vivendas de titularidade municipal

Este Concello recibirá máis de 38.500 euros para esta actuación


Laura Moure/Dozón

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, vén de aprobar a concesión de axudas para a rehabilitación de vivendas de titularidade municipal a prol dos concellos da Lama, Dozón e As Neves, que recibirán, globalmente, preto de 150.000 euros para estas actuacións de recuperación residencial co obxectivo de sacalas ao mercado baixo o formato de alugueiro social.


O Consistorio de Dozón. Autor: Wikipedia.

O principal beneficiario desta convocatoria na provincia de Pontevedra é o municipio da Lama, que recibirá dúas achegas case 72.000 euros que se distribuirán con 10.800 euros na presente anualidade e os máis de 61.000 restantes na de 2022. Con esta partida, o Concello acometerá a restauración de dúas antigas vivendas de mestres emprazadas na capital municipal.


Do mesmo xeito, o Concello de Dozón vai dispoñer, ao abeiro desta orde, de máis de 38.500 euros para unha acción de similares características para a súa completa execución no presente ano, mentres que As Neves contará con preto de 38.000 euros, neste caso repartidos en dúas anualidades, para a restauración dunha vella casa escolar.


Así, o departamento autonómico segue a colaborar cos concellos no marco da súa política

de restauración e reactivación do mercado público de vivenda, unha acción que este ano

conta cun orzamento de 12 millóns de euros ao abeiro de seis programas específicos, cos

que se pretenden atender unhas 2.300 solicitudes en toda a comunidade e que se

enmarcan no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.


Ademais, entre as distintas liñas habilitadas pola consellería que dirixe Ánxeles Vázquez

figuran as axudas á rehabilitación, o fomento da conservación e mellora da accesibilidade,

as Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) de distintas contornas, o alugueiro social, o

programa de infravivenda e o Fondo de Cooperación, que brinda financiamento a

Concellos de menos de 50.000 habitantes para rehabilitación e mellora de patrimonio a través de préstamos con ata oito anos de carencia e que o Instituto Galego de Vivenda e

Solo (IGVS) acaba de convocar, precisamente, esta mesma semana.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page