Ademais analiza o cambio de fiestas e a modernización do xinmasio tras unha reunión mantiva ca presidenta e vicepresidenta da ANPA
Laura Moure/Agolada
A Xunta de Galicia vén de comezar coa mellora do CEIP de Agolada coa activación inmediata do proxecto de arranxo da estrutura da sala da caldeira e coa inclusión, en fase de estudo, do cambio das fiestras e da renovación do ximnasio. Ditas medidas foron acordadas onte nunha xuntanza de traballo mantida polo xefe territorital de Educación, César Pérez, coas representantes da Anpa, a presidenta, Mónica Negro, e a vicepresidenta, Paula Coego, ás que recibiu no edificio administrativo da Xunta en Campolongo (Pontevedra) para atender as súas demandas e fixar o cronograma de actuación para acometer as obras.

A xefatura territorial encargou de inmediato unha cata e unha sondaxe a unha empresa
especializada para determinar as causas do afundimento e dos problemas estruturais no
solo do espazo central da calefacción. O obxectivo é coñecer os motivos desta situación e
determinar a solución arquitectónica axeitada, que se fará neste mesmo curso.
Así mesmo, vaise determinar a viabilidade da renovación das ventás, especialmente nas
aulas que se están a empregar na actualidade, xa que o centro ten 70 alumnos, de cara á
súa inclusión en vindeiros orzamentos da Xunta. Tamén se van a analizar de inmediato as
distintas posibilidades para a modernización do ximnasio, que podería pasar pola súa
reconstrución ou polo levantamento dun novo.
Finalmente, e a petición da ANPA, a xefatura territorial dirixiuse á dirección do colexio para
que remita a lista de material deportivo necesario para envialo no prazo máis curto posible.
"Encontro satisfactorio"
"Despois dun ano intentando conseguir unha reunión con Educación tanto desde a dirección do colexio, Concello e ANPA, por fin onte se celebrou e o resultado foi satisfactorio prometéndonos que nun período corto de tempo se arreglarán os problemas estruturais da sala da caldeira; meteranse para os presupostos do 2023; substitucións de ventás e evaluarían as posibles opcións para o ximnasio", recalca a ANPA Aquam Lata deste centro escolar.
Así mesmo, indica que "a mediados de agosto reunímonos coa portavoz do PP, María del Carmen Seijas, que visitou o colexio o 1 de setembro e comprometeuse a conseguirnos a tan desexada reunión coa Territorial de Pontevedra. Reunión que estaba programada dende a semana pasada para este venres, pero que por motivos da axenda do xefe territorial adiantouse para onte. Esperamos que se realicen estas obras o máis rápido posible e darlle as gracias a Mari Carmen Seijas por a súa colaboración e mediación dende que foi coñecedora do tema".
Ademais, cabe mencionar que hai tres días o BNG anunciou que levaría ao Parlamento de Galicia unha proposición non de lei na que pedía que Educación se reunise de inmediato cas representantes da ANPA e co equipo directivo do CEIP, para analizar a situación do centro e realizar unha avaliación de todas as deficiencias detectadas,
Comments