A Xunta colaborará co Concello de Silleda para acometer a mellora do consultorio de Bandeira
- Laura Moure

- hace 13 horas
- 2 Min. de lectura
O financiamento das actuacións repartirase ao 50 % entre cada una das administracións, polo que a Xunta achegará un total de 53.890 euros
Laura Moure/Silleda
A Xunta colaborará co Concello de Silleda para acometer a mellora do consultorio de Bandeira, que suporá un investimento de preto de 108.000 euros. A tal fin, a Consellería de Sanidade e o Concello de Silleda asinarán o correspondente convenio de colaboración, no que se establecen as bases para a reforma da cuberta deste centro, que é de titularidade municipal e, polo tanto, é a administración local a quen lle corresponde o seu correcto mantemento.

O financiamento das actuacións repartirase a un 50 % entre cada unha das administracións. Así, tal e como se recolle no convenio, a Xunta, por medio do Servizo Galego de Saúde, achegará un total de 53.890 euros para acometer o arranxo da cuberta.
As obras de reforma que se pretenden executar teñen por finalidade a substitución da cuberta do consultorio. A tal efecto, procederase á demolición da cuberta existente de tella e placas de fibrocemento, substituíndoa por un sistema de cobertura a base de panel sándwich illante de aceiro de 40mm de espesor con acabado prelacado e núcleo illante, que mellora a eficiencia enerxética.
Publicidade
Na obra que se vai realizar prestarase especial atención a todos os encontros do novo material de cuberta coas fachadas e petos de cuberta, substituíndo, así mesmo, o canlón da fachada sur e xerando un novo canlón oculto na fachada norte, perfectamente impermeabilizado que evite filtracións de auga no interior da edificación.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Ademais de asumir o financiamento do 50 % da actuación, o Concello de Silleda asume tamén o compromiso de redactar o documento técnico necesario para acometer as obras, así como a licitación, adxudicación e execución dos traballos.
Pola súa banda, o Servizo Galego de Saúde será o encargado da coordinación das actuacións necesarias para garantir o mantemento e a continuidade asistencial durante o prazo de execución das obras.
Publicidade
A achega da Xunta enmárcase no obxectivo do Goberno galego de modernización e mellora das infraestruturas sanitarias e o equipamento, facendo os centros sanitarios máis eficientes, promovendo a economía circular e o respecto ao medio ambiente.








Comentarios