top of page

A Xunta colabora co Concello de Silleda no proxecto de mellora da mobilidade peonil na Avenida do Parque

8 jul 2025
2 min de lectura

Suporá un investimento de preto de 750.0000 euros


Laura Moure/Silleda

O Consello da Xunta de Galicia autorizou este luns a sinatura do acordo de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Silleda para o financiamento do proxecto de mellora da mobilidade peonil na avenida do Parque, que suporán un investimento de preto de 750.0000 euros.

Coa actuación obxecto do convenio autorizado hoxe, a Xunta ten como obxectivo apoiar o Concello de Silleda na busca dunha transformación integral da contorna, coa modernización das infraestruturas, a creación de novos espazos públicos accesibles e a mellora da eficiencia dos servizos urbanos. O Goberno galego contribuirá ao financiamento das intervencións coa achega do 14 % do orzamento, é dicir, preto de 105.000 €; e o Concello de Silleda achegará o 6 % do investimento total previsto. Trátase así de completar a axuda concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra por importe de preto de 598.000 €, equivalente ao 80 % do investimento previsto no proxecto.


Antecedentes Neste caso, o proxecto enmárcase dentro das políticas municipais de transformación urbana sostible e accesible, aliñándose co Plan de mobilidade urbana sostible (PMUS) de Silleda, co Plan de acción para a Axenda 2030 e co programa Cinto Verde, unha estratexia municipal que busca conectar todo o núcleo urbano a través de rúas humanizadas, accesibles e sostibles.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A avenida do Parque é unha das principais arterias do núcleo urbano de Silleda e vertebra a mobilidade entre espazos clave do municipio, como a área comercial e hostaleira do centro urbano, xeradora de actividade económica e social, e diversas zonas residenciais e equipamentos públicos fundamentais, incluído o parque central, a igrexa parroquial e diferentes espazos culturais. A actuación permitirá mellorar a accesibilidade, seguridade viaria e adecuación dos servizos públicos. O espazo público preséntase como catalizador para a rexeneración urbana: áreas verdes, rúas, parques, equipamentos e instalacións públicas teñen unha gran capacidade de transformación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Deste xeito, o Goberno galego facilita o impulso e a materialización dunha proposta que integra patrimonio, funcionalidade e sostibilidade para proxectar Silleda cara a un futuro urbano inclusivo e resiliente. Este esforzo representa unha oportunidade para revivir a vila, establecendo unha folla de roteiro claro para o seu desenvolvemento estratéxico e a súa revitalización urbana.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page