A Xunta beneficia a Agolada, Dozón, Rodeiro e Silleda para mellorar os servizos básicos e fixar poboación
- Laura Moure

- hace 2 horas
- 2 Min. de lectura
Será posible acometer obras de mellora nas redes de alumeado público; así como executar construcións ou rehabilitación de espazos públicos, dependencias municipais ou instalacións deportivas, entre outras
Laura Moure/Deza
A Consellería do Medio Rural publica hoxe a resolución da primeira convocatoria de axudas para a prestación de servizos básicos locais que impulsen tecido produtivo e a fixación de poboación en áreas rurais, con 53 concellos beneficiarios e un investimento de 5 millóns de euros ao abeiro do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027. Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa son benficiados Agolada, Dozón, Rodeiro e silleda.

Estes fondos permiten acometer diferentes actuacións para mellorar os servizos básicos
nas zonas beneficiadas, como poden ser obras de mellora nas redes de alumeado público
ou a execución de construción e a rehabilitación de espazos públicos, dependencias
municipais e instalacións deportivas. Ademais, poden restaurarse elementos patrimoniais e
a súa contorna, no caso de ser necesario, e afondar na mellora de servizos asistenciais e
culturais.
PUBLICIDADE
Neste sentido, subvenciónanse a construción, adquisición ou mellora de inmobles, terreos
ou obras e maquinarias e bens de equipo necesario. Os proxectos beneficiados reciben
unha porcentaxe de subvención equivalente á totalidade dos gastos subvencionados,
cunha axuda máxima de 100.000 euros.
PUBLICIDADE
Os concellos que puideron solicitar esta partida de axudas son todos os de Galicia que
desenvolven os seus proxectos en zonas rurais, a excepción daquelas parroquias
clasificadas como zonas densamente poboadas segundo o seu grao de urbanización
recollido polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Estas parroquias localízanse nas sete
cidades galegas e nos concellos de Culleredo, Narón, Oleiros, Barbadás e Poio.
Ligazón á resolución no DOG:








Comentarios