top of page

A Xunta aprobou dúas axudas para Santiso e Toques para que melloren as súas infraestruturas turísticas

A delegada da Xunta explicou que o Concello de Santiso recibiu 30.000 euros para levar acabo mellora e rehabilitación do acceso á área de lecer do Liño


Laura Moure/Santiso

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou a actuación levada a cabo ao abeiro da orde de Turismo de Galicia para  actuacións de mellora de Infraestruturas Turísticas para concellos de ata 10.000 habitantes. Neste senso, a representante do Goberno autonómico destacou que este municipio recibiu 30.000 euros para levar a cabo a mellora e rehabilitación do acceso á área de lecer do Liño.


Belén do Campo explicou que esta área recreativa é moi utilizada por veciños e visitantes porque conta cun paseo arredor do río Ulla, zona de caravanas, parque infantil, campo de fútbol, mesas e bancos, entre outros equipamentos.

ree

Co obxectivo de mellorar a accesibilidade e reforzar a seguridade das instalacións leváronse a cabo varias actuacións centradas na renovación do firme, a ampliación das condicións de uso e a integración paisaxística do espazo.


O proxecto incluíu a renovación da capa de rodaxe dun tramo de 150 metros de lonxitude por 3,5 metros de ancho, mediante a aplicación de 5 cm tratamento asfáltico semiprofundo. Ademais na área de estacionamento, cunha superficie de 115 x 5,5 metros, aplicouse 5 cm de aglomerado en quente. Estas melloras permitiron aumentar a seguridade, evitar acumulacións de auga e facilitar o acceso dos vehículos que utilizan este espazo.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O proxecto tamén contemplou a instalación dunha iluminación máis eficiente coa colocación de 10 luminarias LED tipo baliza, acompañadas dos seus elementos eléctricos e de protección correspondente. Ademais, realizouse a mellora estética dun muro de formigón existente nunha superficie de 200 metros lineais, mediante a plantación de plantas trepadoras, co obxectivo de integrar esta infraestrutura no entorno natural da área recreativa.


Orde de axudas

Belén do Campo explicou que con estas axudas a  Xunta de Galicia, en concorrencia non competitiva, pretenden impulsar e consolidar a actividade turística do rural galego ao tempo que promoven a diversificación turística polo territorio da comunidade. En total, o Goberno galego inviste 2M€.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Con esta liña de axudas Turismo de Galicia beneficiou a 67 concellos galegos de menos de 10.000 habitantes,  e na provincia da Coruña foron 16 axudas as achegas concedidas por un importe de case 470.000 euros. Concretamente, na comarca de Melide recibiron estes apoios ademais de Santiso o concello de Toques, tamén de 30.000 euros, para a sinalización de rutas de sendeirismo e paneis informativos. En total, 60.000 euros.


Entre os proxectos beneficiarios inclúense iniciativas de sinalización turística de sendeiros, a posta valor de conxuntos patrimoniais culturais, a construción de miradoiros, o acondicionamento de recursos culturais, patrimoniais e paisaxísticos e melloras de infraestruturas turísticas. Ademais, tamén hai actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e da iluminación e acceso aos recursos turísticos do municipio xunto coa recuperación de elementos patrimoniais locais como fontes ou muíños, entre outros.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page