A Xunta aproba o convenio coa Asociación Galega de Atención Temperá para financiar a unidade de Deza
- Laura Moure

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
A atención temperá é fundamental para previr, detectar e actuar ante problemas de desenvolvemento na infancia
Laura Moure/Deza
O Consello da Xunta deu luz verde este luns á sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT). Este acordo ten un importe de 735.926 euros. A través del fináncianse catro unidades de apoio a nenos de 0 a 6 anos con trastornos de desenvolvemento ou en risco de padecelos: unha na comarca do Deza, outra na de Bergantiños e dúas na do Salnés.

Publicidade
Estes servizos atenderon o ano pasado un total de 965 familias. A atención temperá é fundamental para previr, detectar e actuar ante problemas de desenvolvemento na infancia. Trátase dun servizo esencial para diminuír futuras situacións de dependencia e para que os nenos e nenas acaden unha vida normalizada e coas mellores cotas de autonomía persoal.
Galicia conta na actualidade cunha ampla rede de atención temperá, que pasou de dúas unidades en funcionamento en 2009 ás máis de 50 de hoxe, que dan servizo a uns 200 concellos e a máis de 6.000 familias.
PUBLICIDADE
Este acordo coa AGAT forma parte dos 12 convenios nominativos que a Consellería de Política Social e Igualdade asinará ao longo do ano coas grandes federacións da discapacidade por un valor de case 6 millóns de euros en total. O obxectivo destes convenios é garantir o labor e os servizos que presta o movemento asociativo en favor das persoas con discapacidade e das súas familias.








Comentarios