top of page

A Xunta aproba definitivamente a 1ª modificación do PXOM de Silleda no parque empresarial Área 33

Este Concello recalca que o informe técnico sobre as acacias da Avenida do Parque foi posto a disposición dos grupos fai 5 meses


Laura Moure/Silleda

A Xunta de Galicia vén de aprobar definitivamente a primeira modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Silleda, unha actuación que afecta ao parque empresarial Área 33 e que permitirá reorganizar os espazos libres e zonas verdes existentes neste ámbito industrial. Esta modificación foi impulsada polo Concello de Silleda co obxectivo de adaptar a ordenación urbanística do polígono á realidade actual deste parque empresarial, mellorando a distribución das zonas verdes e garantindo unha

organización máis funcional dos espazos libres.


En concreto, a actuación supón unha reordenación das zonas verdes existentes no entorno dunha parcela situada neste parque empresarial, permitindo unha mellor integración destes espazos no conxunto do polígono e optimizando a súa funcionalidade.

Un paso máis na mellora do parque empresarial

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, valora positivamente a aprobación definitiva desta modificación puntual, que permitirá avanzar na mellora da ordenación urbanística deste ámbito empresarial.


Fernández destaca que “esta modificación do PXOM permitirá adaptar a planificación urbanística á realidade actual do parque empresarial Área 33, reorganizando as zonas verdes e mellorando a funcionalidade deste espazo industrial” A rexedora sinala tamén que esta actuación “é un exemplo de planificación responsable, que busca compatibilizar o desenvolvemento económico coa correcta ordenación do territorio e cos espazos verdes necesarios nun polígono destas características”.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Tramitación urbanística

A modificación puntual foi aprobada inicialmente polo pleno municipal o 30 de

maio de 2025, iniciando así a súa tramitación administrativa. Posteriormente, o documento foi sometido aos correspondentes informes sectoriais e ao proceso de avaliación ambiental establecido pola normativa urbanística vixente, culminando agora coa aprobación definitiva por parte da Xunta de Galicia.


Por outra banda, antes as declaracións do BNG loca, o Concello de Silleda lembra que "o informe técnico sobre o estado fitosanitario das acacias da Avenida do Parque foi posto

a disposición de todos os grupos municipais, de forma expresa e directa, no pleno extraordinario celebrado o 16 de outubro de 2025 e solicitado precisamente polos dous grupos da oposición para falar, precisamente, entre outros asuntos, destas árbores".


"Esta posta a disposición, deixando a alcaldesa o documento impreso enriba da mesa queda corroborada na gravación audiovisual oficial da sesión (a partir da hora 2:32). Pese a iso, ningún grupo recolleu o documento". "Depositei unha copia íntegra deste informe sobre mesa e ao alcance de todos os grupos municipais na sesión plenaria e non o recolleron”, sinala a alcaldesa, Paula Fernández, que recorda que o informe foi remitido ese mesmo día do pleno aos medios de comunicación para o seu coñecemento público.


Sobre a acusación de que non forma parte de ningún expediente, explicase que se trata dun informe técnico de valoración solicitado á Estación Fitopatolóxica do Areeiro solicitado a raíz das advertencias verbais realizadas polos propios técnicos cando viñeron informar sobre as acacias do parque da Igrexa, ca intención de rebatir os argumentos contrarios á corta das árbores.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

A rexedora considera, por tanto, que “o dereito á información dos membros da Corporación foi respetado, garantizando así a transparencia da entidade local” e considera que a solicitude extemporánea deste documento responde novamente “a unha campaña deseñada para o ruido político”.


"O informe , elaborado pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro -dependente da Deputación de Pontevedra- a petición da alcaldía, analiza o estado dos seis exemplares de acacia negra existentes neste tramo da avenida e conclúe que presentan diversos problemas estruturais e fitosanitarios que aconsellan a súa retirada polo risco de quebradura ou caída, ademais de concluir que se trata dunha especie exótica, invasora e de escaso valor ecolóxico", recalcan dende o Concello.


Retirada dentro das obras de humanización

A retirada destas árbores realizarase nos próximos días no marco das obras de mellora e humanización da Avenida do Parque e do seu entorno, actuación que permitirá tamén renovar o arborado deste tramo con especies máis adecuadas ao espazo urbano.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page