A Xunta anima en Melide aos maiores a aproveitar as vantaxes, descontos e promocións do Carné +65
- Laura Moure

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
Na actualidade, máis de 900 establecementos de toda Galicia están adheridos a este programa do Goberno galego para fomentar o envellecemento activo e saudable
Laura Moure/Melide

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, achegouse este sábado á Óptica Tábora en Melide para entregar aos seus responsables o distintivo que acredita este establecemento como adherido ao programa Carné +65. Fabiola García animou a todos as persoas maiores a que fagan uso dos descontos, vantaxes e beneficios que ofrece esta iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia en servizos de saúde, ocio e benestar.
Publicidade
Na actualidade, mais de 900 establecementos de toda Galicia están adheridos a este programa pioneiro do Executivo autonómico e que ten entre os seus obxectivos favorecer o envellecemento activo e saudable. Nestes locais, poderán contar con vantaxes importantes como descontos, ofertas ou promocións en diferentes produtos e servizos relacionados coa saúde e o benestar, así como o ocio e a restauración. En concreto, nesta óptica de Melide as persoas co Carné +65 gozan de descontos de ata o 30% en gafas e audífonos.
PUBLICIDADE
O Carné +65 é gratuíto para os usuarios sen necesidade de facer ningún trámite nin activación, unicamente debe presentarse nos establecementos. Deste xeito, as persoas interesadas poden consultar na páxina web do programa todos os detalles e a listaxe completa dos locais adheridos.








Comentarios