top of page

A Xunta adxudica 32 cursos gratuítos de condución segura abertos a 640 motoristas

Este contrato asinarase na segunda quincena de marzo e o obxectivo da Xunta é poder iniciar a primeira quenda de cursos antes do verán


Ecos da Comarca/Xeral

A Xunta acaba de adxudicar o contrato para o desenvolvemento de cursos gratuítos de condución segura dirixidos a motoristas. Baixo este contrato impartiranse, en total, 32 novos cursos dirixidos a este colectivo nos vindeiros dous anos, nos que poderán participar un total de 640 motoristas.

foto

Este contrato, adxudicado por un investimento de por 151.250 euros á empresa Escuela Gallega de Conductores San Martin, S.L., prevé a posibilidade de prórroga por outros dous anos. Deste xeito, a actividade formativa é susceptible de ampliar ata os 64 o número de cursos. Cada acción formativa terá unha capacidade de 20 alumnos, o que supoñerá un total de 1.280 coa prórroga prevista e un investimento total de máis de 300.000 euros.


O contrato asinarase na segunda quincena de marzo e o obxectivo da Xunta é poder iniciar a organización da primeira quenda de cursos, para antes do verán. Trátase de cursos de formación cunha parte teórica e outra práctica, na que os usuarios aprenderán a reaccionar ante situacións adversas. Terán unha duración de 5 horas e abordarán temas relacionados coa normativa, con técnicas para mellorar as habilidades dos motoristas e a anticipación do risco e como reaccionar ante el.

PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, trataranse temas como o mantemento básico da motocicleta, a técnica e o control da freada, a xestión da traxectoria en curvas, as manobras evasivas e a condución con pasaxeiro.


A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, ten en marcha, en colaboración con colectivos e co resto das administracións o “Plan de Seguridade Viaria 2022-2025. Visión cero”, que persigue a eliminación de falecidos e feridos graves provocados polos accidentes de tráfico para o ano 2050 e cunha folla de ruta que aborda diversas liñas de traballo que inclúen o plan de reforzos de firmes, o Plan de Sendas e tamén este tipo de formación.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page