A Xunta actuará no Camiño Francés en Arzúa, Melide, Monterroso, Palas de Rei e O Pino
- Laura Moure

- hace 12 minutos
- 2 min de lectura
O acordo, que se asina en total con 11 concellos, inclúe actuacións de mellora paisaxística e embelecemento de recursos situados na ruta xacobea
Laura Moure/Xeral
O Consello da Xunta aprobou onte o acordo que autoriza a sinatura dun novo convenio de cara a mellorar e promover o Camiño Francés e de cara a impulsar a preparación da programación da entidade con vistas ao Xacobeo 2027. En concreto, este convenio asinarase entre Turismo de Galicia, a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e as devanditas localidades, e inclúe unha achega por parte do Goberno galego de máis de 1,12 millóns de euros. En concreto, o convenio establece que Turismo de Galicia colaborará no financiamento das actuacións previstas, mentres que serán a Mancomunidade e os concellos integrantes quen desenvolverán estas actuacións. Trátase, en concreto, dos municipios de Arzúa, Melide, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, O Pino, Portomarín, Samos, Sarria e Triacastela.

Este novo acordo recolle a oportunidade que suporá a celebración do Ano Santo Xacobeo 2027 para potenciar Galicia e promover e reforzar a dimensión internacional do Camiño de Santiago e da propia comunidade. Así, constátase a vontade común de colaborar na revalorización, mellora e conservación do Camiño e na prestación dunha mellor atención ás persoas visitantes, así como na promoción cultural e turística da ruta xacobea.
PUBLICIDADE
No convenio recóllense dúas liñas de actuacións. A primeira está destinada aos concellos, e nela inclúense traballos relacionados coa mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos situados no Camiño Francés; o desenvolvemento de actividades culturais e turísticas para promover o Xacobeo 2027, e os gastos de persoal técnico para as oficinas de turismo dos propios concellos.
PUBLICIDADE
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
A segunda liña, destinada á propia Mancomunidade, recolle o desenvolvemento dunha acción anual de promoción do Xacobeo e do Camiño Francés, así como os gastos de contratación dunha persoa técnica para levala a cabo e coordinarse cos municipios. Continuidade Este novo convenio dá continuidade a outros acordos previos coa Mancomunidade e cos concellos integrantes para o financiamento de actuacións no Camiño Francés.
PUBLICIDADE
En total, desde 2014 e con este novo convenio, Turismo de Galicia leva investidos case 6,8 millóns de euros en actuacións destinadas a reforzar a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e os municipios pertencentes a esta.









Comentarios