top of page

A Xunta activa os niveis de alerta 2 e 3 por altas temperaturas en diversas zonas de Galicia

Suspendeuse toda actividade deportiva federada no exterior, nas xornadas de onte e hoxe, nos concellos da zona noroeste de Ourense, de Miño Ourense, da montaña de Ourense, do interior Pontevedra e do centro e montaña de Lugo


Laura Moure/Xeral

No marco do Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, véñense de activar os niveis de alerta 2 e 3 por episodio de calor en diversas áreas da comunidade. Deste xeito, a vaga de calor iniciada pasado venres, que motivou a activación do nivel de alerta 1 por altas temperaturas, pasa agora aos niveis 2 e 3 en diversas áreas de Galicia.


En concreto, actívase o nivel 3 nos concellos do noroeste da provincia de Ourense e na zona Ourense Miño. Así mesmo, o actual episodio de calor elévase ao nivel de alerta 2 nas zonas do interior de Pontevedra, Valdeorras, centro de Lugo, montaña de Lugo e sur de Lugo. 

A estimación é que esta situación se manteña ata mañá, martes, día 1 de xullo.Na web de Meteogalicia atópase a información actualizada, así como a evolución temporal, premendo sobre o nome de cada zona:


O Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, está dispoñible na ligazón:


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Suspensión da actividade deportiva federada no exterior

No caso do deporte, a Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, determinou asuspensión da actividade deportiva federada no exterior por mor da alerta laranxa por episodio de calor durante os días de onte, domingo 29, e de hoxe, luns 30, nos 12 concellos do noroeste de Ourense, 21 concellos de Miño Ourense, 19 concellos da montaña de Ourense, 16 concellos do interior de Pontevedra, 11 concellos do sur de Lugo, 26 concellos do centro de Lugo e 14 concellos da montaña de Lugo.


Recomendacións xerais para a poboación

Os principais grupos de risco ante os efectos da calor son: persoas maiores de 65 anos e nenos menores de 4 anos, sobre todo os menores dun ano; persoas que padecen patoloxías: enfermidades cardiovasculares (enfermidade cerebrovascular, insuficiencia cardíaca, arteriopatía periférica), diabetes mellitus, enfermidade pulmonar obstrutiva crónica, insuficiencia renal, enfermidade de párkinson, enfermidade de Alzheimer ou patoloxías similares, enfermidade psiquiátrica; persoas que tomen determinados fármacos ou tóxicos: fármacos con efecto anticolinérxico, diuréticos, consumo importante de alcol, etc.; e persoas en determinadas situacións: maiores que viven sós, persoas de risco que viven en vivendas mal acondicionadas, persoas con exceso de peso ou peso excesivamente baixo, traballadores, deportistas ou aquelas que pasan varias horas en exteriores, etc.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ante a activación da alerta por altas temperaturas, a Consellería de Sanidade lembra os principais consellos e recomendacións que debe seguir a poboación: beber máis líquidos sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos; evitar bebidas quentes, alcohólicas, café, té ou cola e as moi azucradas; aumentar o consumo de ensaladas, verduras e froitas; evitar comidas copiosas; comer menos cantidade e máis veces ao día; manter os alimentos no frigorífico e vixiar sempre as medidas hixiénicas; usar roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, de cores claras, sombreiro, lentes de sol e cremas protectoras solares, así como calzado fresco, cómodo e que transpire; permanecer en espazos ventilados ou acondicionados e estar á sombra; utilizar as habitacións máis frescas da vivenda; durante o día baixar as persianas e abrir as xanelas, abrilas pola noite para ventilar; evitar as actividades ao aire libre nas horas de máis calor e reducir a actividade física; e cando se estacione o coche, non deixar no interior nenos, nin anciáns coas xanelas pechadas.


No caso de sufrir esgotamento ou un golpe de calor, recoméndase solicitar axuda médica urxente chamando ao 061. Mentres chega a asistencia, pódese tentar baixar a temperatura do afectado trasladándoo á sombra ou a un lugar fresco e tranquilo, arrefriarlle o corpo, mollar con auga fresca e abanar e hidratar sempre que estea consciente, dándolle pequenos grolos de auga fresca ou bebidas minerais. 

Se está inconsciente, cómpre deixalo de lado coas pernas flexionadas e non ofrecerlle líquidos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page