top of page

A Xunta achega 150.000 € para dotar ao Concello do Pino dun centro sociocultural

O proxecto ubicarase en San Mamede de Ferreiros combina un espazo interior polivalente cun soportal cuberto que amplía as posibilidades de uso do edificio


Laura Moure/O Pino

A Xunta de Galicia destinará 150.000 € á construción dun centro sociocultural en San Mamede de Ferreiros no concello do Pino ao abeiro dun convenio de colaboración co Goberno local polo que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude achegará preto do 60 % do importe total.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Así se deu conta onte no Consello da Xunta, onde se autorizou o convenio por valor de 249.000 € dirixido a edificar un equipamento para actividades culturais, sociais, formativas e comunitarias. Deste xeito, o Executivo autonómica dá resposta ás necesidades de todos os galegos e galegas garantindo o seu acceso á cultura con independencia de cales sexan as súas condicións sociais, demográficas ou económicas, en liña cos obxectivos da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Neste caso concreto, o obxectivo é mitigar a dispersión xeográfica, frear o despoboamento xuvenil e dar cabida ao crecente tecido asociativo do municipio.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais, dada a condición do municipio como paso clave do Camiño Francés, responde tamén á necesidade estrutural de crear puntos de interpretación e difusión cultural onde convivan o patrimonio local do Pino co fluxo de peregrinos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Con este fin, o proxecto combina un espazo interior polivalente cun soportal cuberto que amplía as posibilidades de uso do edificio e reforza a súa relación coa contorna. Así mesmo, a intervención intégrase nun ámbito tradicionalmente vinculado á realización de actividades veciñais e comunitarias, contribuíndo á mellora da funcionalidade deste espazo público.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Con esta nova actuación, o Goberno galego responde ao seu compromiso de achegar a cultura a todo o territorio nas mellores condicións, facilitando o acceso da sociedade ao coñecemento ao poñer á súa disposición equipamentos nos que se poida ofrecer un servizo de calidade.

IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page